Opinión de veciños da Rúa Saleta sobre as obras que se estan a facer na mesma

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

ESPAZO COMÚN ASEGURA QUE OS VECIÑOS DA RÚA SALETA ESTÁN INDIGNADOS E DEMANDAN QUE SE EXECUTE A OBRA QUE SE LLES PROMETEU ANTES DAS ELECCIÓNS

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Nos pasados días, un bo número de veciños da rúa Saleta contactaron con Espazo Común para informarlles do seu descontento coa reforma que o Concello está a acometer alí.

Argumentan que tiñan un acordo co goberno municipal e nomeadamente co alcalde polo que se ía ensanchar o vial ata os 10 metros que indica o PXOM, renovar as canalizacións da auga, construír beirarrúas en ambas marxes, instalar nova iluminación e algunhas outras melloras.

VIDEO

Tódolos propietarios deixaron claro o seu compromiso de ceder terreos para que a rúa fora urbanizada como merece por fin.

Tres anos despois do acordo, o pasado 17 de abril, o alcalde adxudicou esta obra xunto co arranxo das rúas Solana, San Benito e Madalena á empresa Lemos Martínez do Porriño por un importe total de 124.078,60 €.

A sorpresa desagradable para os afectados foi descubrir tan pronto se iniciaron os arranxos que o que se está a facer non garda ningún parecido co prometido no seu día: non se ensancha o vial, non se constrúen beirarrúas como se acordara, non se renova a iluminación…

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------