Reunión no Concello cos propietarios dos ximnasios, que abrirán os seus establecementos entre o 8 e o 15 de xuño

A concelleira de Comercio e Deportes, Silvia Baranda, reuniuse cos propietarios dos ximnasios do Carballliño para analizar a reapertura dos establecementos e as medidas de seguridade e prevención a ter en conta, así como as axudas municipais ao sector polo Covid-19.

Na reunión, que tivo lugar no salón de plenos, os propietarios dos ximnasios comunicaron que abirarán os establecementos entre o 8 e o 15 de xuño, e que garanten o cumprimento das normas establecidas en materia de seguridade e prevención sanitaria polo coronavirus. Asimesmo, a concelleira amosou a seu apoio á reactivación da actividade da práctica deportiva e informou das posibilidades de solicitar axudas municipais en canto se aproben definitivamente as bases que as regulan

AVANTAR ACTIVIDADES