O Psdeg denuncia os “remendos” aplicados ata o de agora nas Conchas

. O PSdeG-PSOE denuncia os “remendos” aplicados ata o de agora nas Conchas e na contorna deste encoro e celebra o paso dado polo actual Goberno central, ao incluír esta zona nos últimos análises e mapas sobre augas afectadas por contaminación por nitratos, paso previo e necesario para a súa declaración como zona vulnerable, o que permitirá
adoptar medidas por parte da Xunta de Galicia e da Administración Xeral do
Estado, co fin de solucionar a toxicidade.
Durante unha visita ao municipios de Muíños e Bande, deputados e deputadas
acompañados de concelleiros, concelleiras e militantes do PSdeG-PSOE destes
concellos, comprobaron o “preocupante estado” deste importante espazo
natural galego, que “pasou de ser unha preciosa zona de esparexemento e
baño, a unha gran balsa de auga tóxica”. Ao percorrido asistiron o portavoz na
Deputación de Ourense e secretario provincial, Rafa Villarino; as deputadas
provinciais Marga Pérez, Susana Rodríguez e Elvira Lama, e os
deputados, Nacho Gómez e Diego Fernández.
“A pesar do importante valor paisaxístico e natural, a ocultación deliberada por
parte dos responsables autonómicos e a deixadez institucional global,
provocaron unha desfeita medioambiental en poucas décadas”, sinalaron os
deputados e deputadas logo de comprobar “in situ” unha contaminación que
aflora “descontrolada” na auga. “Nós apostamos por unha solución sostible e
compatible coa actividade agraria”, incidiron antes de recordar que “fronte a
unha Xunta que só pon paus nas rodas, o actual Goberno central buscou
solucións amplas, adecuadas e compatibles coa recuperación do medio natural
e coa economía da comarca”.

AVANTAR ACTIVIDADES


Os e as socialistas recordan o papel que tamén ten administración autonómica
ante este grave problema. “Cataluña e Galicia eran dúas das zonas con maiores
problemas de contaminación de masas de auga entre 2016 a 2019, mais a
Xunta aínda non fixo nada para comezar a solucionalo”, denunciaron tras
recordar que, logo dos pasos normativos e orzamentarios dados polo Goberno
central nos últimos anos, agora tamén debe actuar o executivo galego.
O Consello de Ministros aprobou neste 2022 o real decreto sobre contaminación
por nitratos, unha norma clave para reducir este tipo de contaminación,
alcanzando así os obxectivos ambientais sinalados pola lexislación nacional e
pola Unión Europea. Esta regulación obriga a identificar e vixiar as augas
afectadas e establece criterios para designar zonas vulnerables, co fin de pór en
marcha programas de actuación coordinados coas actividades agrarias.

“Grazas a regulación aprobada polo executivo de Pedro Sánchez, superouse un
problema de indefinición destas zonas contaminadas, que se arrastraba desde a
incompleta declaración do ano 2011, unha decisión que deixou zonas como as
Conchas nun limbo”, recordaron os e as socialistas ourensáns. “Tamén se
clarexaron as dúbidas competenciais”, advertiron. “Os traballos xa executados e
os investimentos económicos previstos polo Ministerio para a Transición
Ecolóxica e o Reto Demográfico durante as últimas dúas lexislaturas, permitirán
darlle un sólido pulo á mellora medioambiental desta zona de alto valor
ecolóxico da nosa provincia”, concluíron