A situación do casco histórico e no Conxunto Monumental de Ribadavia é máis que preocupante, e o seu empeoramento fixose moi grave co actual goberno.
– suciedade constante e extrema, podendo falar xa de suciedade estrutural.
– pintadas e vandalismo.
– colectores sen recoller e sucios.
– perda progresiva da peonalización da zona.
A isto hai que engadirlle que o mantemento e limpeza dos solares e inmobles municipais atopanse cheos de maleza e incumprindo a normativa municipal.
Situación da que o único responsable é o goberno actual.

Por todo isto, Ribeiro en Común reclámalle ao goberno medidas reais para solucionar os verdadeiros problemas que ten o noso casco histórico, e abandone a política de propaganda e mentiras na que o goberno está instalado.
Para Ribeiro en Común non ten sentido que o goberno intente presumir a un mes das eleccións de que a Xunta vai comprar casas no casco histórico, a través do Plan Rexurbe, cando o mesmo plan xá existia o ano pasado e só logrou comprar unha única casa, casa que un ano despois continúa no mesmo estado de semi-ruína.
Para Ribeiro en Común deberia ser prioritario que Concello e Xunta arranxen e reformen as vivendas en ruínas que son propiedade do Concello antes que comprar máis casas en semi-ruína. Esta é a nosa aposta.

Por todo isto, Ribeiro en Común pide un Plan de mellora integral e revalorización do casco histórico e da zona monumental de Ribadavia, que cando menos conste de:
· Plan de limpeza semanal e o correcto mantemento de todo o casco histórico e zona monumental de Ribadavia.
· Plan de limpeza e o correcto mantemento dos inmobles e solares de propiedade municpal.
· Que o concello de Ribadavia se dirixa á Xunta de Galicia para que facer prioritario o arranxo e reforma das vivendas en ruínas que son propiedade do Concello antes que seguir comprando máis casas en semi-ruína.