Hoxe terá lugar en Ourense a marcha cívica para reivindicar que os servizos sexan 100% públicos

MODEPEN (Movemento pola Defensa das Pensións), TREGA (Traballadores de Residencias de Galicia) e familiares de vítimas  de falecidos nas residencias, convocan marchas reivindicativas nas principais cidades de Galicia, para esixir responsabilidades e tomar as medidas oportunas para que o colapso sanitario e nas residências que houbo non volva a suceder. En Ourense terá lugar hoxe xóves día 11 de xuño ás 20.30 na Praza Maior.

Consideran que a crise producida pola pandemia do covid19  descubriu as carencias dos servizos asistenciais en xeral e das residencias de maiores en particular. Nos últimos anos a Xunta de Galicia mativo unha política privatizadora das residencias de maiores, que priorizan o negocio en detrimento dos coidados aos residentes. O 98% dos falecidos produciuse en residencias privatizadas.

Critican que a Xunta non exerceu as competencias de inspección destas residencias e coa chegada do virus e a sabendas de que as residencias poderían ser focos de contaxio, actuouse con total falta de previsión e anticipación. Bernardo García, que pertence a Modepen animou aos veciños da comarca a asistir a esta marcha:

Publicidade Premer na Imaxe