Espazo Común manifesta que a comisión de hoxe polo novo centro de saúde foi caótica

A comisión de hoxe polo novo centro de saúde foi caótica, chea de enredos e contradiccións e sen ningún documento

Espazo Común non acudirá a máis reunións deste tipo en canto non se fagan con seriedade e documentación.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Carballiño non pode perder máis tempo se quere contar pronto con esta imprescindible infraestrutura.

Cabería agardar que despois do evidente enfado da veciñanza polas idas e vindas e as diferentes e contradictorias versións ofrecidas polo rexedor, hoxe tivera a ben aportar a documentación que afirmou ter para poder comezar, á fin, a traballar en serio na procura de tan ansiado obxectivo.

Lonxe diso, o modelo Fumega de enredar, voltou a imperar.

Sobre tódalas afirmacións feitas por el mesmo, ata o de agora en prensa e, o que é máis grave, en pleno, tivemos que observar como hoxe eran xa diferentes.

As afirmación públicas de que o Sergas demanda un solar de 4.000 m2, hoxe tornaronse 5.000.

A suposta predilección dos técnicos autonómicos polo entorno da ubicación actual quedou en evidencia ante informacións doutros compoñentes da comisión.

O que hai mes e medio ía ser un concurso público, agora xa non o vai ser.

A pesares da insistencia do noso representante na xuntanza para que amosara a documentación que acreditaba tales cousas, só respostou con evasivas e sen ensinar un só papel.

Temos, polo tanto, que facer un acto de fe e dar por feito que as afirmacións de hoxe sí que son certas e as de hai dúas semanas ou un mes non?

Dende Espazo Común, quremos anunciar que non imos participar en máis reunións-titiritada diste tipo. Esiximos a Fumega que amose a documentación na que o Sergas lle indica o tipo de parcela que pide e as características que son necesarias para a súa ubicación.

Só así, con documentos, rigor e seriedade, poderemos destascar a cuestión e avanzar dunha vez por todas.