II edición do “Premio Etelvino Blanco ao compromiso cívico sindical”

O próximo mércores 14 de febreiro, data na que se cumpre o 40º aniversario da primeira Folga Xeral que se rexistrou en Ourense, celebraremos a segunda edición do “Premio Etelvino Blanco ao compromiso cívico sindical”.O acto terá lugar no Salón de Actos da Casa Sindical de Ourense, ás 19 horas.
Se o pasado ano o recoñecemento sindical foi para as traballadoras de HyM e para o Comité de Folga do Metal de Ourense, nesta ocasión, a Executiva Comarcal da CIG de Ourense acordou distinguir aos traballadores e traballadoras das empresas IROSA e SAMACA, pola honrosa defensa do seu emprego e o seu pan, ante un dasafiuzamento inminente, que suporía a perda de 300 postos de traballo directos e preto de outros tantos indirectos, preservando, ademáis, á única empresa relevante de capital integramente galego e valdeorrés, non adquirido por fondos de capital extranxeiro.
Na CIG sentímonos cheos de orgullo por esta loita obreira, polo que queremos darlle o recoñecemento que se merece, e nada mellor que o premio que leva o nome de quen foi referente social e sindical en Ourense durante décadas.