Espazo Común denuncia un novo incumprimento da Xunta e o Concello sobre a apertura da Residencia de Tempo Libre

Espazo Común presentou unha moción no mes de xuño para acadar o compromiso de todos de garantir o funcionamento da residencia a pleno rendemento deica fin de ano e do ano completo en exercizos futuros; que obtivo un apoio unánime.

Logo no pleno de xullo, Espazo Común, ao ter coñecemento de que varios traballadores sospeitaban que se podería prescindir dalgúns deles pola falla de ocupación, preguntaronlle ó alcalde Francisco Fumega quen afirmou que xa tiña todo solucionado.

AVANTAR ACTIVIDADES

A realidade, afirman dende Espazo Común, é que un grupo importante de empregados da Residencia de Tempo Libre xa foron envíados para á súa casa no mes de agosto e non contan con ningunha garantía de que as instalacións funcionen o resto do ano.

Dende Espazo Común demandan á Xunta de Galicia e ó Concello do Carballiño que cumpran co acordado e traballen para que esta instalación tan importante para a economía da nosa vila non siga a deixarse de lado co conseguinte perxuizo para a pobo e para os traballadores da mesma.