A comarca do Carballiño descende a cifra de parados no mes de agosto

A comunidade galega, con 141.912 persoas desempregadas, acadou a cifra de paro máis baixa dos últimos 15 anos e a segunda de toda a serie histórica. A comunidade conta cun 7% menos de parados menores de 30 anos que hai un ano e un 6% menos de mulleres desempregadas.

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, valorou isto de xeito favorable.

AVANTAR ACTIVIDADES

Na nosa contorna, a comarca do Carballiño descendeu a súa cifra de parados ata os 1.379. A capital baixou 14 persoas, ata os 755 desempregados, liderando a creación de emprego. Maside e Boborás tamén baixan a súa cifra, aínda que en menor medida, e os demais concellos manteñen estabilidade.

No Ribeiro a situación mantén estabilidade neste último mes, cunha variación positiva de dúas persoas, ata os 791 parados. A Arnoia baixa catro parados ata os 31 e Castrelo de Miño sobe catro, ata os 67.