Presentación da obra antoloxia poetica de Antón Tovar

Edición  e biografía a cargo de Delfín Caseiro, con limiar de Alonso Montero e ilustracións do artista Xosé Lois Carreira.

LUGAR: LICEO DE OURENSE

AVANTAR ACTIVIDADES

LUNS, 17 DE ABRIL DE 2023

19:30 HORAS


Esta Antoloxía poética de Antón Tovar (Rairiz de Veiga, 1921-Ourense, 2004) reúne textos representativos dos seus sete poemarios galegos. Rescata unha das voces líricas máis importantes da segunda metade do século XX, precisamente arredor da celebración do centenario do nacemento de Antón Tovar, que vén de conmemorar o Museo da Limia con varios actos.

O Museo da Limia, con vocación de entidade aberta e dinámica, ten un especial empeño en promover e difundir as creacións que se producen no seu territorio. A Biblioteca da Limia recolle, desde o ano 2018, a produción do poeta da Pereira, Antón Tovar, así como boa parte da creación literaria de máis de cincuenta autores.

INTERVENCIÓNS

DELFÍN CASEIRO, responsábel da edición e autor da biografía

XOSÉ LOIS CARREIRA, autor das ilustracións

ANTÍA QUINTANA, estudosa de Tovar

XESÚS ALONSO MONTERO, rutor do limiar

ACOMPAÑAMENTO MUSICAL

Grupo Trovare