A Plataforma en Defensa da Sanidade pedirá melloras en pediatría cunha mobilización

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Carballiño está en loita polo precario servizo de pediatría, agora mesmo cuberto por un médico de familia con especialidade en puericultura. Aproveitando a sesión plenaria de onte leron un manifesto e recolleron as sinaturas da corporación municipal.

A plataforma naceu con esta premisa e contan co apoio de máis de 600 persoas. O último comunicado da Xunta do anuncio dun proceso de selección de prazas de difícil cobertura non lles vale ata que non se faga realidade, e aínda así non o consideran suficiente.

AVANTAR ACTIVIDADES

Entre as accións que están levando a cabo, ademais da recollida de sinaturas, están organizando unha manifestación para o vindeiro 10 de decembro, da que saberemos máis nos próximos días.