A Garda Civil de Ourense detén a cinco persoas como presuntos autores de trinta roubos con forza na comarca da Limia.

A Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Ourense, con apoio de unidades de Xinzo de Limia, no marco da Operación “ GiroOu” detiveron durante o día de onte, a cinco persoas, J. A. P. G. de 50 anos de idade, J. F. L. de 24 anos idade B. P. C. de 54 anos de idade, R. F. G. de 34 anos de idade e J. G. R. de 36 anos de idade, todos de nacionalidade española, como presuntos autores de varios delitos de roubo con forza cometidos na Comarca da Limia nos últimos meses, especialmente en naves industriais e agrícolas.

Publicidade

Desde finais do ano 2019 tívose coñecemento dun incremento de roubos con forza en naves agrícolas e industriais na Comarca da Limia, onde os autores tras forzar as portas de entrada subtraían ferramentas e maquinaría, causando importantes perdas económicas ás vítimas. O valor dos obxectos roubados estaría situado preto dos 100.000 euros

Unha vez realizado un minucioso estudo de todos estes roubos, os axentes centraron as súas pescudas en tratar de atopar o material roubado, conseguíndoo finalmente nas últimas semanas. Posteriormente analizaron e cotexárono con todas as denuncias presentadas, podendo pescudar que algúns obxectos pertencían a roubos cometidos en instalacións do Concello de Xinzo de Limia correspondente ao ano 2018.

Os detidos unha vez pasaron por dependencias policiais foron postos en liberdade. Xulgado de Instrución de Xinzo de Limia

Os investigadores continúan analizando o material incautado, ante as sospeitas de que poida estar vinculado a máis roubos da Comarca da Limia e limítrofes.