A apertura da piscina municipal de Cea retrasase unha semana pola previsión de choiva dos próximos días

Xa está o protocolo preparado e mais de 150 carnés tramitados entre o concello de Cea e o de Piñor agardando a que o tempo permita a apertura e desfrute da piscina municipal de Cea. A previsión de choiva para os próximos días fai que non se poda abrir este luns e vaise a retrasar o inicio da actividade ata probablemente a vindeira semana.

VIDEO

As piscinas municipais seguirán un estricto protocolo de seguridade, que será de obrigado cumprimiento e que suporá un esforzo por parte de todos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Haberá unha porta de acceso e outra de salida, aforo limitado, protocolo de desinfección e hixiene, distancia de seguridade, sinalización…

Lembramos que este ano, para poder acceder hai que facer un carné (empadroados en Cea e Piñor ou que teñan segundas residencias) e acatar unhas normas para tranquilidade de todos.

Nas oficinas municipais, no enderezo electrónico cultura@concellodecea.com ou no whatsapp (672122300) podes solicitalo enviando nome completo, dirección, teléfono de contacto e unha fotografía.