A Mit de Ribadavia presenta a imaxe da cartelería desta 36 edición co deseño duns pulmóns que simbolizan a respiración de aire puro

“A ceo aberto. Porque ser un sopro de aire fresco nunca tivo tanto sentido, ser un escenario aberto, libre, diverso, ser con orgullo a capital galega do teatro e tamén querer ser osíxeno, ser en conxunto un impulso vital.” Con estas palabras presentase a imaxe da cartelería da trixésimo sexta edición da MIT de Ribadavia que terá lugar entre o 17 e 27 de xullo en diferentes espazos ao aire libre como o auditorio do Castelo, prazas e distintos entornos naturais do concello; e sempre coa aplicación das medidas sanitarias que se esixan.

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

Será unha edición especial, coa parte internacional reducida á mínima expresión por motivo da pandemia e estará moito máis centrada no sector escénico do estado español, especialmente no galego, para axudar tamén á recuperación social e cultural que o país necesita. Ribadavia converterase no motor que dará aire a un sector cultural xa de por si feble, pero tamén será un aliciente para a economía, o turismo e comercio da comarca do Ribeiro.