O BNG denuncia o estado de abandono que sufre a vila do Carballiño

maleza
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O estado da nosa vila queda reflexado na suciedade presente e na falta de mantemento das rúas e beirarrúas, chegando incluso a dificultar a accesibilidade ás mesmas e supoñer un perigo para todos. Tamén debemos destacar a presenza dun gran número de terreos abandoados e sen o valado correspondente.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

VIDEO

Resulta vergonzoso que moitas das beirarrúas non teñan unha continuidade correcta para poder camiñar sen ningún perigo debido á falta de mantemento e á presenza de maleza. 

Esta situación non está xustificada coa crise sanitaria xenerada polo COVID-19, posto que, todos os anos por esta época a situación repítese. A falta de limpeza nas rúas, a invasión de maleza nas beirarrúas e os colectores abandonados forman parte da paisaxe representativa da nosa vila dende fai moito tempo. Dada a situación actual, dende o BNG temos unha serie de preguntas para o grupo de goberno municipal, ¿cándo se levará a cabo un proxecto medio ambiental axeitado para a nosa vila? ¿Para cándo unha vila máis limpa, natural e cunha maior calidade de vida? ¿Para cándo a aplicación dunha normativa ao respecto de peches de fincas e terros no casco urbán?

O BNG denuncia a presenza de maleza nas ruas Alberto Vilanova, Rúa de Astureses, Avenida de Seoane e rúa Francisco Castelló.

maleza
Maleza na rúa de Alberto Vilanova