Nota do Psdeg-Psoe: “A Xunta electoral confirmou que Baltar incumpriu a lei o usar a Deputación de xeito partidista”

IES CHAMOSO LAMAS

 A Xunta Electoral vén de confirmar que Manuel Baltar usou a Deputación de Ourense de forma partidista e propagandista, tal e como denunciou o PSdeG-PSOE a pasada semana, e ordénalle absterse de cometer novas ilegalidades incumprindo a Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG), así como as súas instrucións. A autoridade electoral xudicial determinou hoxe o seguinte: “acordase esixir ao citado organismo provincial que retire o titular cuestionado e adapte o contido da información ao previsto no artigo 50 da LOREG, debendo absterse, no sucesivo de contravir o disposto na instrución referida”.

O goberno bipartito de PP e DO empregou a web e as redes sociais institucionais do organismo para facer campaña electoral e difundir falsidades. Concretamente, publicou o día 10 de xuño na web www.depourense.es, unha extensa nota titulada “O PSOE de Ourense, en contra dos autónomos“, tanto na portada principal como nunha entrada propia, que pouco ten que ver co carácter institucional que debe ter estes espazos informativos. Así mesmo, as contas en Facebook e Twitter difundiron publicacións coa mesma mensaxe.

SPORTUR GALICIA 2022

O voceiro dos socialistas, Rafa Villarino, asegura que “este xeito vergoñento de utilizar unha institución pública con fins propagandísticos está prohibido pola lexislación electoral e por iso lle ordenan retiralo e que, no sucesivo, non volva facelo”. “Desta maneira queda claro quen utiliza partidistamente as institucións públicas nesta provincia e, ademais, como é castigado por elo”, insiste Villarino.

Os socialistas salientan que a LOREG e a xurisprudencia existente prohiben expresamente estas prácticas “vergoñentas” que “prexudican claramente á democracia e ás institucións públicas”. Ante estes feitos que non son novos, advirten a Baltar que “a pesar das súas ameazas e artimañas de baixo custe para tratar de silenciar a oposición, os socialistas serán hoxe e sempre un muro de contención contra as súas prácticas caciquís que manchan unha institución histórica que é de todos”. Tamén instarán ao goberno provincial a que se retracte publicamente por uns feitos que incumpren o propio código ético da Deputación ourensá que o presidente dixo que redactara “do seu puño e letra”.