Esta é a programación para a Semana Santa do Carballiño

A Semana Santa do Carballiño chega aos seus días grandes. Mañá xoves santo, estaba previsto ás 11:00 horas, o roteiro urbano «Historia, arte e arquitectura relixiosa no Carballiño», impartido polo Centro de Estudios Chamoso Lamas, da man de Juan Manuel Rodríguez e Xosé Luis Sobrado. Hoxe anunciaron a súa cancelación a causa da choiva.

Ese mesmo día, ás 20:30 horas, ao finalizar a Santa Cena, sairá  Procesión Penitencial de la Sentencia y la Misericordia, co paso Nuestro Padre Jesús de la Sentencia y la Misericordia, e coa participación da Legio VII Civitas Limicorum, co seu tercio de tambores.

AVANTAR ACTIVIDADES

Abre filas a Cruz Franciscana de Santa María de Mesego, custodiada por nazarenos da Cofradía.

O venres santo teremos dúas procesións. Pola mañá, ás 12:00 horas a Procesión del Cristo de la Salud coa Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.

E pola tarde, Procesión Solemne del Santo Entierro o «dos Caladiños», con saída ás 21:00 horas. A procesión con máis tradición no Carballiño contará cos pases da Santa María Magdalena y San Juan al pie de la Cruz, Santísimo Cristo Yacente y Nuestra Señora de los Dolores. Contará coa Banda de Cornetas y Trompetas Acotaga, de Ferrol. Banda de Música de Vilatuxe.

E para rematar, o domingo de Pascua, sairá a Procesión Gloriosa de la Resurrección, ás 13:00 horas (ao finalizar a Santa Misa) co paso do Sagrado Corazón de Jesús y Virgen de los Dolores ataviada con traje de Gloria.