Cambio no sinal de tdt de interese para as entidades de Framia (Arcos) e Batallás (Madarnás)

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Para cumprir co proceso de liberalización do segundo dividendo dixital, a Xunta de Galicia está poñendo en marcha unha serie de actuacións para realizar os cambios necesarios nos centros de homoxeneización de cobertura de sinal de TDT.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Onte mércores, 17 de xuño, estas actuacións leváronse a cabo no centro de TDT de Avión, e consistiron no apagamento das frecuencias de emisión actuais do múltiple autonómico e do MPE1, e acendido das novas frecuencias asignadas:

  • Canle 25 (MUX AUTONÓMICO): TVG, TVG2, GHD, G2HD.
  • Canle 26 (MPE1): Disney Channel, Paramount Channel, Dmax, Gol.

No concello do Carballiño, as entidades de poboación que teñen a este centro como mellor servidor e que se beneficiarán deste cambio son: Framia, na parroquia de Arcos; e Batallás, na parroquia de Madarnás.