A Subdelegación do Goberno en Ourense informa da reapertura ao tráfico bidireccional no km 563 da N-120 en Velle

 A Subdelegación do Goberno en Ourense informa que na mañá de hoxe se procedeu á reapertura ao tráfico bidireccional da estrada N-120 en Velle (Ourense) trala finalización dos traballos de estabilización do noiro da marxe esquerda no P.K. 563, levados a cabo polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. Así, a partir de hoxe, poderase circular con normalidade en ambos sentidos, unha vez retirados os semáforos que regulaban en condicións de seguridade a circulación.

O subdelegado do Goberno, Emilio González, salientou que dende o día 8 de novembro de 2019, no que se produciron os desprendementos sen causar danos a persoas nin vehículos, se realizaron traballos de limpeza, saneo e estabilización do noiro de forma continua.

AVANTAR ACTIVIDADES

Emilio González salientou que a área estabilizada supón unha superficie de 1 hectárea e que  as obras consistiron na retirada de material inestable, así como na estabilización do propio noiro mediante a execución de redes de cables e mallas ancladas no terreo, formigón proxectado, muros de escollera e a colocación de pantallas de protección para eventuais desprendementos.