O BNG de Barbadás califica de mentiroso, covarde e neglixente ao Alcalde do concello, Xosé Carlos Valcárcel, pola súa actitude ante a execución final da obra de rehabilitación da Aira da Uxeira en Loiro.

Desde o Grupo Municipal do BNG no Concello de Barbadás anunciaron accións ante a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza e no Parlamento Galego en defensa do proxecto inicial aprobado e mal executado.

Publicidade

Ante a situación orixinada na parroquia de Loiro no tocante á rehabilitación da Aira da Uxeira, o BNG de Barbadás realizou o domingo 21 unha asemblea na propia parroquia onde demostrou á veciñanza presente que a execución final da obra non se corresponde ao proxecto aprobado e adxudicado polo concello de Barbadás.

 A Concellaría de Turismo no anterior mandato, a cargo de Xosé Manoel Fírvida, Tenente de Alcalde e concelleiro do Grupo Municipal do BNG foi a responsable da elaboración do proxecto de rehabilitación da Aira da Uxeira, en Loiro. E que despois de conquerir que os propietarios dos canastros cedesen a súa propiedade ao concello e de elaborar un proxecto, consensuado en varias reunións coa veciñanza de Loiro, no que participou activamente, aportando ideas como as de mudar a madeira dos canastros de piñeiro a castiñeiro, como eran os orixinais.

Este proxecto ficou aprobado e adxudicado no ano 2019, antes das eleccións municipais do mes de maio. Desde esta data, o BNG non participa no goberno do concello, no que todos os membros do grupo de goberno son do PSOE.

Mais a execución do proxecto retrasouse ata finais dese ano. A execución final da obra non resulta do agrado da veciñanza nin do propio BNG, que en dúas ocasións presentaron mocións nos plenos do concello sobre este tema, e presentaron un conxunto de preguntas sobre se a execución final da obra se axusta ao proxecto aprobado e adxudicado, obtendo a calada por resposta.

Recentemente a veciñanza fixo público o seu desagrado coa situación final da obra, o abandono da zona e o mal acabado dos canastros, que non se axustan aos antigos nin na súa tipoloxía, nin no seu aspecto.

Cómpre lembrar que se fixeron sen portas, con espazos entre as madeiras tanto no chan como nas paredes, con acabados que non responden á tipoloxía dos antigos canastros. A isto hai que sumar a situación de abandono da zona, onde medra a herba sen control.

O Alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, interpelado sobre a obra de rehabilitación limítase a culpar ao anterior Concelleiro de Turismo, Xosé Manoel Fírvida.

Desde o BNG de Barbadás queremos manifestar que o Alcalde de Barbadás ten unha actitude mentirosa, covarde e neglixente.

 Mentiroso porque é coñecedor que en maio de 2019 o proxecto non estaba realizado, e que a obra se executou no segundo semestre do ano, cando xa o BNG non formaba parte do goberno do concello.

Covarde, porque ante a denuncia da veciñanza, e no canto de dar explicacións ante a propia parroquia, acusa nos medios de comunicación, sen base nin xustificación ningunha, ao anterior Tenente de Alcalde, Xosé Manoel Fírvida, da situación final da obra.

Este mesmo domingo, 20 de febreiro, os concelleiros do BNG, Sarín Núñez e Carlos González, acompañados do responsable local do BNG, Xosé Manoel Fírvida, realizaron unha asemblea na parroquia de Loiro, con gran participación da veciñanza, na que se presentou o proxecto aprobado e se puxo en evidencia que a obra realizada non se axusta ao proxectado.

 E o que é o máis grave e o realmente importante, neglixente, porque a súa desidia, falta de traballo e de celo en defensa dos intereses dos e das veciños/as de Loiro fai que unha obra que debería supor un lugar de esparcemento e de orgullo para a veciñanza e de velar por unha execución de obra que se axuste ao inicialmente proxectado.