O BNG critica que a inversión no alumeado de Nadal é excesiva

O gasto que ven de acometer o goberno municipal do Carbarlliño no alumeado de Nadal para o concello ascende a 45.980€. Para a voceira do BNG do Carballiño “este gasto é un aténtico despilfarro”, pero ademáis, engade Sofía García “tendo en conta que son unhas cantas luces en determindas rúas e unha árbore diante da casa do Concello é un gasto excesivo e insuxtificábel a simple vista”

García afirma que este gasto desmesurado xera moitas dúbidas, polo que demandará explicacións ao goberno municipal. “Gustaríanos saber que criterio se seguiu no goberno municipal á hora de elexir as rúas, ou por que nunhas sí e noutras non”

AVANTAR ACTIVIDADES

Para a nacionalista tamén chama poderosamente a atención que a empresa á que se lle encomendou a colocación e instalación do alumeado de Nadal no Carballiño sexa unha empresa que ten como actividade oficial “o comercio ao por menor de flores, plantas, sementes, fertilizantes, animais de compañía e alimentos para os mesmos en establecementes especializados”, polo que tamén demandarán explicacións ao goberno municipal por esta extraña adxudicación.

“No Bloque estamos en contra da guerra de luces e apostamos por modelos sostibles, imaxinativos e participativos, non só por subcontratar unhas luces sen mais” afirma a Voceira nacionalista,  “canto máis cando se acometen gastos excesivos de dubidosa xustificación e nun contexto con tantas necesidades sociais e económicas que atender no noso municipio”