O Bng defende unha rede de ferrocarril forte como eixe de desenvolvemento da Galicia interior

Así o indicou onte Ana Pontón, a voceira nacional do BNG e candidata á presidencia da Xunta de Galicia, que dixo que unha vila como Carballiño, a segunda cidade mais poblada da provincia de Ourense debería ter mellores conexións coas principais vilas cun tren de proximidade que sexa eixe de desenvolvemento do interior.

Dende o BNG propoñen un plan de ampliación do solo industrial no Carballiño así como a mellora dos servizos sanitarios e a creación dun centre de día público, indispensable nunha vila de preto de 15.000 habitantes.

AVANTAR ACTIVIDADES