Esta actividade de conciliación terá lugar do 1 de xullo ao 31 de agosto, e adoptaránse todas as medidas recollidas nos protocolos de seguridade existentes en relación ao COVID-19.
O Concello de Ribadavia pon en marcha a escola de verán “Aviaverán”, unha actividade educativa e de conciliación que se celebrará nos meses de xullo e agosto. A pesar da crise vivida polo COVID-19, o concello de Ribadavia diseñou unha actividade de conciliación na que se cumpriran todas as medidas de seguridade derivadas dos protocolos aprobados para a loita contra o COVID-19.
Este programa de conciliación, que se celebrará nas instalacións do CEIP Plurilingüe de Ribadavia (edificio da Picuxa) entre o 1 de xullo e o 31 de agosto, contará con diferentes actividades para os mais cativos coma música, obradoiros, cociña, actividades de igualdade, e moitas máis. Esta actividade está diseñada para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos e ten un prezo, para persoas censadas en Ribadavia de 48 € mes, con descontos do 30 para familias numerosas e monoparentais.
O alcalde de Ribadavia afirmou que “Despois das dificultades de conciliación vividas polas familias de Ribadavia nos últimos meses, entendimos que era máis importante se cabe levar a cabo unha actividade destas características para facilitar a conciliación nestes meses do verán. Pero ademais, tamén levamos adiante a actividade impulsados pola idea de que será un recurso moi positivo para que os nosos cativos vaian levando da mayor maneira posible o tránsito cara a normalidade.”
Fernández sinalou que “nesta ocasión quixemos facer un esforzo extraordinario, xunto con Bolboretas e Estudio Arte, para poder conxugar as necesidades das familias de Ribadavia coa seguridade derivada dos novos protocolos existentes a raíz da crise do COVID-19, polo que a escola “Aviaverán” será unha actividade educativa, lúdica e segura”
Datos salientables da Escola “Aviaverán”:
- Nenos/as de 3 a 14 anos.
- Datas do 1 de xullo ó 31 de agosto (luns a venres).
- Horario: de 09:00 a 13:00h.
- Prezo: 48€/mes. Descontos dun 30% para familias numerosas e monoparentais.
- Prazas: xullo (75) agosto (45)
- Prazo inscrición 22-26 xuño
- Lugar inscrición: en Bolboretas (polas mañás) e Estudio Arte (tardes)
Lugar de desenvolvemento das actividades: CEIP Plurilingüe de Ribadavia, Alameda (Picuxa).