O director da Agadic e o alcalde da localidade ourensá asinan o convenio polo que a Consellería de Cultura e Turismo referenda o seu apoio económico ao evento, do que é unha das principais entidades colaboradoras e recoñece o esforzo por manter e adaptar a súa organización ao contexto poscovid-19.
O vindeiro día 25 desvelarase a programación completa, que se desenvolverá do 17 ao 27 de xullo en distintos espazos ao aire libre e cunha serie de medidas especiais para garantir a seguridade e o benestar do público, ademais de para contribuír á recuperación cultural e turística da comarca.