Só tres alcaldes acudirón a reunión convocada o pasado sábado

SÓ TRES REXEDORES ACUDIRON A REUNIÓN DE ALCALDES COMARCA CONVOCADA PARA ESTE SÁBADO

O alcalde do Concello de Maside, José Manuel Iglesias, mantivo conversas telefónicas con tódolos alcaldes da comarca coa finalidade de analizar a situación de cada un dos concellos e as medidas adoptadas ante a crise sanitaria do COVID-19, como punto de partida para elaborar unha estratexia común para os municipios da comarca.

AVANTAR ACTIVIDADES

A pesar de que a idea foi moi ben acollida polos alcaldes, só Ruben Gómez, de San Amaro, Francismo Fumega, o anfitrión, e José Manuel Iglesias, o promotor, acudiron a xuntanza que tiña lugar o pasado sabado dia 11 abril ás 12,00h no Salón de Plenos do Concello de O Carballiño, por ser a capitalidade da comarca.

Segundo o alcalde masidao foi un primeiro acercamento para a posta en común de distintas perspectivas, ideas, propostas,… para conseguir solucions a problemáticas da cidadania nestes e nos vindeiros días nos distintos ámbitos (social,sanitario,laboral…) e que poidan ser de axuda para paliar esta situacion de crise que estamos a vivir.

José Manuel Iglesias confia en que desta xuntanza saian moitas outras, a ser posible coa asistencia dos alcaldes que faltaban, dándolles cabida nas seguintes ós portavoces dos distintos grupos da oposicion dos distintos concellos, porque afirma que o labor para sair desta crise é de todos.

VIDEO