O Carballiño baixa un contaxio ata un total de 33 casos activos. Boborás e Cea suma un caso cada un

Publicidade ASPADISI

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid, a comarca do Carballiño baixa hoxe ata os 47 contaxiados (1 máis ca onte ). A capitalidade da comarca rexistra 33 casos, un contaxio máis ca onte. Boborás sobe un caso ata os 6 positivos. Maside mantén tres casos activos e Beariz mantén un caso activo. San Cristovo de Cea, que contaba con un so caso, conta hoxe con dous positivos. Piñor conta hoxe con dous casos, a mesma cifra ca onte. O Irixo, Punxín e San Amaro están libres de covid.