Primeiro pleno da nova corporación do Carballiño, coas primeiras discrepancias entre os grupos

A corporación do concello do Carballiño reuniuse na primeira sesión plenaria do mandato, unha lexislatura que estará marcada polo diálogo para a aprobación de propostas. Foi o primeiro pleno no que puidemos ver a súa nova constitución, con caras novas, e a ausencia do portavoz popular Lino González.

Hoxe consensuáronse co acordo unánime a composición da corporación e as súas comisións; os representantes para a Mancomunidade de O Carballiño e Maside e tamén a periodicidade dos plenos, que serán mensuais e pola mañá, a pesar da reticencia do BNG e Espazo Común.

AVANTAR ACTIVIDADES

O punto que xerou o primeiro enfrontamento deste mandato foi a aprobación de dedicacións exclusivas e parciais e as súa retribucións, que ascenden con respecto ao pasado mandato. O alcalde defende o incremento salarial dos edís que deberán asumir moitas máis competencias ca antes.

O PP facilitou a aprobación cunha abstención ao conseguir un acordo para que se destinen outros 60 mil euros dende este curso escolar destinados á ampliación das axudas a libros, subvención de matrículas do conservatorio e mellora do servizo de Bo Día Familia. Na formulación desta proposta, a discrepancia e os comentarios emitidos polo grupo de Espazo Común xerou unha disputa entre os grupos.