O BNG de Allariz anima a apoiar o comercio local no período de Nadal

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

 A asemblea local do BNG de Allariz súmase á campaña de apoio ao comercio local lanzada polo partido e anima á súa veciñanza a apostar polo comercio de proximidade e polos produtos galegos nas súas compras de Nadal.

Como é sabido, o comercio local foi un sector gravemente golpeado pola pandemia. O BNG propón unha Nova Lei do Comercio, consensuada e pactada co sector, que inclúa entre as súas medidas a regulación de horarios e tempadas de rebaixas para frear a competencia desleal por parte das grandes multinacionais; unha liña de axudas específicas para a modernización e a dixitalización do novo comercio ou a aprobación dunha moratoria á apertura de grandes superficies comerciais.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Allariz ten unha actividade comercial dinámica, con variedade de pequenos comercios que ofrecen todo tipo de produtos, moitos deles galegos e, incluso, da mesma Reserva da Biosfera. Animamos, polo tanto, a tódolos veciños e veciñas a apoiar este tipo de comercios cando se acheguen a mercar os seus regalos de Nadal. 

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------