Recompor a memoria. En galego, claro!

Antón Jardón

Curriculum Antón Jardón

«Patria temporal da lingua / onde me acobillo e me defendo, / fixen dos ecos que sementaron /  os labios dos mortos / a miña casarela de home triste».

(Antón Tovar, Patria das miñas palabras)

AVANTAR ACTIVIDADES

Di o dicionario da RAG que a memoria é «a facultade que permite reter na mente e facer presentes, mentalmente, cousas pasadas». Mais, de pouco nos valería esa capacidade, aparentemente marabillosa, se simplemente fose a artesa dos pretéritos, se non nos axudase a sermos capaces de recompor maxicamente o noso pasado, para que os recordos agromen e rebulan no caletre ata imbuírse na experiencia que a comunidade –Galicia– nos vai legando ao longo dos tempos. En fin, pouco servizo nos faría tal aptitude se renunciaramos á capacidade de transformala en memoria colectiva.

O último domingo de novembro (como xa fixeramos hai sete anos en Parada de Outeiro) celebramos, no cemiterio de Vilar de Santos, o Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia. Entre o concello, o Museo da Limia e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, colocamos a placa na que se pode ler: «Na memoria de todos os que aquí xacen, porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu». O día 2 de decembro, entre o Concello de Xinzo e a antedita asociación substitúen, por unha en galego, a placa que hai na tumba de Teresa Rodríguez Blanco e porán unha nova á entrada do cemiterio de Morgade. E todo iso faise co devezo de contribuír á galeguización dos cemiterios e exequias fúnebres, coa necesaria teimosía de manter a memoria colectiva que nos deixaron de herdanza os nosos devanceiros.

Con tal actitude só pretendemos gurrar contra un feito incomprensíbel: nos camposantos descansan os ósos da xente que sempre falou en galego; mais, no tránsito da vida á morte, a meirande parte dos curas impóñenlle, aos familiares dos seres queridos, o seus último adeus nunha lingua distinta, ao celebrar os actos litúrxicos en lingua castelán. E nós, resignados, azacotamos esa fatalidade tentando atoar nunha hora o legado de máis de mil anos, ao encher as lápidas de inscricións redactadas noutras falas, sen medo e sen pudor a cometer o sacrilexio de sermos cooperantes necesarios dos que pretenden aniquilar o noso pasado.

Actos como os desoutro día deberían valernos para remelarnos contra esa revirada diglosia, que non deixa de azacotar o desleixo e a perdurábel submisión lingüística da nosa fala. Deberiamos alimentar algo a autoestima e sermos máis respectuosos coa nosa memoria colectiva, exercendo o dereito a non recuar nunca no tocante á lingua, esixíndolle aos que se encarguen do noso tránsito final que respecten a nosa bagaxe lingüística. E merecemos tamén que as institucións, se o fan cada día coas cousas insignificantes, pensen e gasten unha chisca na galeguización dos camposantos, aínda que só sexa para que non nos vexamos na obriga de acudir ao spray, como tivemos que facer no seu día para normalizar os nosos topónimos.  

[Xosé González Martínez leva moitos anos teimando con esta atinada iniciativa. Por iso,  o meu tío Lisardo,  pensa que debiamos rebautizar novembro co nome de Mes da Memoria Lingüística, e converter así a época máis outoniza e melancólica do ano ese tempo no que o abrente se confunde coa bocanoite na raiola de luz intensa e incesante, capaz de afastar do noso alcance os indecisos nubarróns de follas secas que nos impiden agatuñar ata a última cana dos carballos espidos, onde aletarga a inspiración necesaria para escachar as lousas que tabican a recomposición da nosa memoria]

 

Outros Artigos de Antón Jardón :

“Que queremos ser, ‘anduriños’ ou pardaos?”

“As gloriosas fragancias da Gloria”

“O prezo dos servizos municipais (ou cando as comenencias suplantan ás necesidades)”

“Concellos galegos: un mundo que non muta nin se inmuta”

” Que longa e a noite e que fugaz é a luz! “

“Quiere una bolsita?”

” A lingua, a cultura e as andrómenas dalgúns alcaldes “

” Que é un alcalde de tarifa plana? “

” Concellos galegos ou concellos de Galicia “

” O regreso de Antón Tovar ás veigas durmidas “

” O espello convexo e os carneiros mochos”

Días de intemperie

Que tropa, que tempos…, que ventos!

Cartas sen selo: As fragrancias que nunca esvaecen

É a caligrafía, babeco!

Cando pretendes apalpar os sentires da noite

A dama da Lagoa, Xinzo, Carreira e nós

A insignificancia das cativezas

Don Alberto e a súa circunstancia

O que acontece é insignificante, o importante é o que nos contan

“Don Alberto, o home que perdeu o acento (que nunca tivo)”

“Tempos de pandemia e secura”

“O estado da nación / O estado da ficción”

“A insipidez minguante da esquerda cortesá”

” Don Alberto e a astroloxía luscofusquiana “

Aaai!, se as paredes falasen, don Alberto.

” Feijoo e a reconciliación coa familia (política) “

” O seu nome fede a pólvora queimada, excelentísimo señor! “

” Feijóo rebenta os freos ao atravesar ao Padornelo “

” Por que te vas, Alberto? “

” Contra o carnaval de Madrid, viva o entroido de Xinzo! “

” Cando as rogativas non dan acabado coa sequía “

” O desencanto de don Claudio “

” Don Claudio e o progreso “

” Vai moito frío en Penalonga “

” A matanza do tempo “

“Unha ovella na tulla do diñeiro”

” Mirando cara a acolá “

” A galiña que pon os ovos sen data de caducidade “

O pan noso de cada día

” Quen ri último, ri mellor “

” Rebuscando nos sumidoiros “

” Conichos e fantoches “

” Contando tardes, sobre todo, tardes “

Quen anda aí?

A señora da máscara no papo (e a educación no sobaco)

“Paco Picholas e os elementos noctámbulos ”

” Sente aqui, señor! “

” A codia das ausencias en tempos adversos “

A algarabía cuántica da covid-19 e a matanza da señora Clotilde [relato]

” A contumacia dun milhomes contra a cerellada doutros catro [relato] “

” Que diferenza hai entre a denta-dura de Trump e o dentame de Bide? “

Maldita escuridade! (Sempre anoitece con máis Vox e menos Nós no horizonte)

Guerra patriótica: nacionalismo madrileño contra centralismo español

” Ménage à trois nas cloacas do Barbaña “

” Algo cheira a rancio na cidade dos biosbardos “

” Casabranca e o lado íntimo da pseudo-política ourensá.”

” Non hai doce sen trece (corolario) “

” Non hai doce sen trece (segunda parte) “

” Non hai doce sen trece (primeira parte) ”

” Antollo e o xurelo guisado [relato] “

” O can vello, o amo e o patrón [relato] “

” Incontinencias dun petulante na fase 1 [relato] “

” O corvo e o alcalde [relato] “

” A pandemia dos estorniños berrecallos [relato] “

” Unha muller confinada no supermercado “

“O cadeliño zuro e o visitante impertinente”

“Mentres tanto”

” 5 de abril, Domingo de Ramos “

” Galicia, esa esquina do mapa “

” Un País que se disipa sen remedio “