Manuel Baltar respecta “a decisión persoal” de Manuel Cabezas e recoñece “o seu traballo e compromiso coa cidade de Ourense”

O presidente provincial do PPdeOU, Manuel Baltar, traslada publicamente a Manuel Cabezas o seu “respecto e recoñecemento”, despois de que este anunciase hoxe a decisión de renunciar á súa acta de edil no Concello de Ourense.

“Deixar de formar parte da corporación local é unha decisión completamente persoal de Manuel Cabezas, e por suposto merece todo o respecto”, sinalou Manuel Baltar, que quixo recoñecer “o seu enorme traballo e adicación pola cidade de Ourense nesta nova etapa política, tamén como presidente da Xunta Local do PPdeOU en Ourense despois de ser elixido pola militancia”.

AVANTAR ACTIVIDADES

“Manuel Cabezas é un referente da Ourense e o seu compromiso coa cidade foi, é  e seguirá sendo absoluto”, remarcou o presidente provincial do PPdeOU, que quixo valorar “a intensa labor diaria do grupo popular no Concello, e de todo o Partido Popular, a prol dos intereses dos veciños ourensáns”.