O secretario xeral da Emigración recolle a admiración por Galicia dos membros do Centro Partido de Carballiño de Bos Aires que están a percorrer a comunidade

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, achegouse ata a Cidade da Cultura para manter un encontro co grupo de membros do Centro Partido de Carballiño de Bos Aires que estes días están a percorrer diversas localidades de Galicia.

Durante o seu encontro, os membros deste centro galego da Arxentina trasladaron a súa admiración por Galicia ao secretario xeral e aseguraron que “é unha honra visitar as cidades e vilas onde viviron os seus avós ou os seus pais e coñecer un pouco máis a terra dos seus devanceiros”. Tras visitar diversas localidades de Ourense, Lugo e de Pontevedra, hoxe continuarán con este periplo pola comunidade autónoma achegándose ata Malpica, Fisterra e A Coruña.

AVANTAR ACTIVIDADES