Feijóo en Xinzo, San Cibrao e Verín

Feijóo pide aos galegos que se unan nas urnas para poder avanzar catro anos xuntos

Propón un goberno que continúe reforzando a Sanidade pública, apoiando ás familias e multiplicando os servizos para os maiores

  • Di que o que precisa Galicia é un goberno unido, cun programa para aplicar desde o primeiro día, e cun presidente sen ataduras que represente a todos os galegos
  • Destaca os investimentos en Xinzo en infraestruturas viarias e hidráulicas e na mellora dos centros educativos

AVANTAR ACTIVIDADES
  • AUDIO de FEIJÓO

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu que os galegos se unan nas urnas o próximo 12 de xullo para avanzar xuntos durante os próximos catro anos. E resaltou que, se non votamos e temos que esperar a que o Goberno se una despois dos comicios, Galicia non soportará esa fragmentación: “Non quero que Galicia perda nin un minuto”.

En XINZO

Tras subliñar que todo está preparado para votar con total tranquilidade, destacou a importancia de facelo polo que a Comunidade ten por diante, xa que nada está decidido. Para Feijóo, o Goberno de Galicia non pode saír por unha carambola ou por pactos, senón directamente das urnas. Así, pediu o voto co aval do feito durante os últimos 11 anos, para poder abordar todo o que aínda queda por facer. Un voto, engadiu, para un Galicia na que se poida confiar, estable e que vaia unida cara adiante e non se fragmente.

O PPdeG PROPÓN

Durante un mitin en Xinzo de Limia, o presidente afirmou que os populares propoñen seguir reforzando a nosa Sanidade pública, a que mellor funcionou esta pandemia.

Do mesmo xeito, avogou por unha Educación Pública que siga obtendo os mellores resultados da súa historia; e por un Goberno autonómico que continúe apoiando ás familias, aprobando novas medidas de respaldo ás nais e pais; e multiplicando os servizos aos maiores. Así mesmo, propuxo que a Galicia do mar, que xa é líder no sector, reforce os seus liderados e o benestar dos que o traballan nel; que o rural sexa o medio de vida para cada vez máis galegos; e que a Comunidade volva pronto ás cifras de récord en exportacións destes anos.

EN SAN CIBRAO

CUMPLIR COS COMPROMISOS

Durante a súa intervención, Feijóo aclarou que ao longo destes anos nunca fallou ao seu compromiso con Galicia, porque, tal e como salientou, “creo na política da coherencia e na política da palabra dada”. Neste sentido, insistiu en que fai sempre todo o posible pola nosa Comunidade, pedindo o voto para que teñamos un Goberno e un presidente libres, que só se deban a cumprir cos seus compromisos.

Feijóo admitiu que non é bo para Galicia un goberno que renuncie aos seus compromisos só para poder ser Goberno, que non se entenda entre si, que non teña programa; así como tampouco é bo para a nosa comunidade, salientou, que os intereses xerais se sometan á chantaxe de partidos con intereses minoritarios nin adoptar derivas doutras Comunidades onde se fragmentou a sociedade. Pola contra, sinalou que o que precisa Galicia é un goberno unido, cun programa para aplicar desde o primeiro día, e cun presidente sen ataduras que represente a todos.

EN VERÍN

No referido a Xinzo, destacou os investimentos para a mellora das estradas, dos centros educativos, das infraestruturas hidráulicas, así como tamén o compromiso cun albergue e co museo do entroido.