O BNG critica a cancelación do Ribeiro Blues Wine Festival de Castrelo de Miño

O BNG asegura que o rexedor de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, decidiu que o Ribeiro Blues Wine Festival non se celebre este ano. O Ribeiro Blues naceu no ano 2014, durante o mandato do BNG, como unha iniciativa de promoción dos viños de adegas e colleiteiros de toda a comarca de O Ribeiro, acompañada de concertos gratuítos de referentes internacionais do blues. O Ribeiro Blues converteuse nun evento consolidado, de prestixio e de referencia tanto a nivel comarcal, provincial como autonómico.

Aseguran que no seu lugar, promociónase o evento presentado nos últimos días “Espírito Ribeiro”, compartido con Cenlle e Arnoia. O BNG asegura que, se recuperan o goberno, o Ribeiro Blues Wine Festival volverá a Castrelo de Miño.

AVANTAR ACTIVIDADES