Os veciños do Varón deberán resintonizar as súas televisións

A empresa Jesús Rodríguez, contratada polo concello, procedeu a instalar o segundo dividendo dixital do centro reemisor do Varón, polo que os veciños que reciban o sinal deste centro deben resintonizar os seus televisores pare poder ver as diferentes canles de televisión.

O segundo dividendo dixital é o proceso de cambio das frecuencias asignadas ás canles de televisión na banda de 700 megahercios para ser utilizada polas redes da quinta xeración das telecomunicacións (5G).

AVANTAR ACTIVIDADES