A presidenta da CEO transmítelle a Baltar a preocupación dos empresarios pola crise das axudas, provocada por Rodríguez Villarino

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Marisol Novoa Rodríguez (Presidentta da CEO).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación aseguroulle que seguirá defendendo “aos 2.500 autónomos e empresarios que xa cobraron as mesmas e aos que de aquí ao 15 de xullo percibirán as achegas económicas que lles corresponden, a causa da crise do COVID-19”, expresa Manuel Baltar

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a presidenta da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), Marisol Novoa, reuníronse hoxe no Pazo Provincial para analizar a grave situación que tenta provocar nos autónomos e pequenos empresarios da provincia de Ourense o representante do grupo socialista na Deputación, Rafael Rodríguez Villarino, tentando que se revisen as axudas económicas concedidas pola Deputación de Ourense a autónomos e PEMES da provincia, afectados pola crise do COVID-19, o que podería poñer en risco o cobro de ditas axudas e mesmo provocar a devolución dos importes xa cobrados por 2.500 beneficiarios.

A presidenta da CEO comparte co presidente Baltar a preocupación xerada nos autónomos e empresarios da provincia, “debido á incomprensible actitude de Rodríguez Villarino e a aquiescencia do Subdelegado do Goberno en Ourense, para ir en contra das miles de familias de Ourense, sendo o móbil desa actuación a mala intención e unha vocación por destruír”, afirma Baltar.

“Coa documentación á que tivo acceso á Deputación de Ourense días pasados –comenta Baltar- quedou ao descuberto a posición de Rodríguez Villarino en contra dos autónomos, co servilismo do subdelegado do Goberno, algo que non poden negar; e o que si existe é unha fonda preocupación nos empresarios e nos autónomos. Así mo transmitiu á presidenta da CEO, porque non se entende que tratándose de axudas económicas para milleiros de persoas -protagonistas da reactivación económica e social da nosa provincia-, haxa quen se dedique a cuestionar a legalidade das axudas, e que por parte da Subdelegación do Goberno –unha administración onde os procedementos oficiais se fan con documentos- se admitan peticións verbais ou chamadas telefónicas para incoar expedientes”, afirma Baltar.

O presidente da Deputación considera que, sendo isto grave, “o gravísimo é que se poña en perigo as axudas que xa cobraron 2.500 empresarios e autónomos, e que se poidan ver na obriga de ter que devolvelas como consecuencia dun comportamento indigno e vil por parte dun deputado desta corporación”. Baltar defende que as axudas e os procedementos “son absolutamente legais, igual que as que se puxeron en marcha en todo o territorio nacional, e só se coñece o caso de que en Ourense se estean a investigar e revisar”.

O importante, segundo Manuel Baltar, “é que desde a Deputación de Ourense seguiremos defendendo aos autónomos e a todos os empresarios que teñen percibido e percibirán, de aquí ao 15 de xullo, a totalidade das axudas económicas, e non pararemos ata cumprir ese obxectivo en defensa deles”, remarcou.