MARCHA: Por uns Servizos Sociais 100% Públicos , Universais e de Calidade

CONTRA A PRIVATIZACIÓN!!

VIDEO

Non podemos desfacer o que pasou.De 600 falecidos por coronavirus en Galicia, arredor de 300 morreron nas residencias de maiores por abandono e mala xestión.Pero podemos cambiar a situación no futuro planificando de cara aos posibles rebrotes, reestructurando os servizos sociais de xeito que sexan públicos ,dotados de personal suficiente de asistencia .Queremos envellecer na casa ,  con personal de axuda a domicilio dende o momento que se precise , con dispoñibilidade de tempo e con unha remuneración digna.Queremos centros de día perto dos domicilios.E como último recurso Residencias de Maiores que nos cuiden dignamente ,con personal sanitario e de asistencia con unhas ratios que cumplan as funcións precisas para dispensar un trato xusto e digno ao que teñen dereito os nosos maiores ou xente discapacitada.

Publicidade Premer na Imaxe

         Pra que non volva a pasar o que pasou ,eses servizos deben ser públicos,universais e de calidade.Non se pode pretender facer negocio coa saúde e o benestar dos maiores e discapacitados.É responsabilidade de toda a sociedade evitar que iso ocurra de novo.Debe ser un obxectivo prioritario, por enriba de preferencias ou credos políticos.

         En vísperas do inicio da campaña electoral das autonómicas galegas, MODEPEN( Movimento en Defensa das Pensións), Traballadores das Residencias e Familiares dos falecidos durante a pandemia , convocamos a toda a sociedade a unha  MARCHA reivindicativa que terá lugar este Mércores día 24 ás 12 da mañá dende a Alameda de Santiago de Compostela ate a Praza do Obradoiro.

         Confirmaron a asistencia, a día de hoxe : Anticapitalistas Galicia, BNG, CUT,Galicia en Común-Anova-Mareas, Marea Galeguista, PSdeG-PSOE e Xóvenes Pensionistas de Galicia.

         O convite a participar neste acto sigue aberto a toda a sociedade galega, a título individual ou organizado. A cabeza da Marcha levará unha pancarta única co lema “Por uns servizos sociais 100% públicos, universais e de calidade. Contra a privatización” , portada polos convocantes.A continuación irán os diferentes colectivos de apoio coa simboloxía propia e lemas relativos ao evento que consideren oportunos.Os participantes do Carballiño sairemos da Veracruz ás 10.30.MODEPEN-O Carballiño