Unha andaina reivindica a presenza de Berán no Camiño Ribeiro Miñoto

Arredor de 30 camiñantes protagonizaron onte a Primeira Andaina Reivindicativa promovida pola Plataforma Beran no Camiño constituída no mes de agosto e a Asociacion Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro. O traxecto duns 6 quilómetros uniu o Balneario de Beran (Caldelas) ca localidade de Lebosende, nun percorrido que reivindica o paso do camiño da Geira-Arriero por estes dous puntos da xeografía ribeirán. Os participantes foron agrupados en grupos de dez persoas como maxino , saíndo cun intervalo de 10 minutos respectando en todo momento as restricións.

PUBLICIDADE

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende a plataforma están a traballar ademais na limpeza e sinalización do itinerario polo Concello de Leiro, estando prevista a realización de mais iniciativas para por en valor a riqueza patrimonial e histórica de ditos enclaves. Nesta actividade tomaron parte Antonio Devesa e Paulo da Silva, membros da Asociación Espazos Jacobeos de Portugal, evidenciando o apoio diste colectivo luso as reivindicacións da plataforma.