Baltar defende nunha carta a Pedro Sánchez as axudas da Deputación aos autónomos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, expresa nunha carta remitida hoxe ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, as axudas a autónomos e Pemes da provincia de Ourense, afectados pola crise económica do COVID-19. No seu escrito ao xefe do Executivo -de resposta á carta que Sánchez enviou a Baltar agradecéndolle as achegas realizadas polo Comité do Día Despois, posto en marcha en Ourense para favorecer a reactivación económica-, o presidente da Deputación de Ourense afirma: Non teña dubida algunha, tal e como me fai chegar, que seguirá contando coa Deputación de Ourense na reconstrución económica e social do noso país para que, todos unidos, superemos canto antes as consecuencias da pandemia por COVID-19

Manuel Baltar explica na carta que nesta ocasión fágolle chegar a indignación de miles de autónomos e pequenas e medianas empresas da provincia de Ourense, manifestada tanto individualmente como a través da presidenta da Confederación Empresarial de Ourense, do presidente da Asociación Empresarial de Profesionais e Autónomos de Ourense e da presidenta da Federación de Comercio da provincia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Segundo documentos oficiais que adxunto queda acreditado que o representante do PSOE nesta Deputación, o portavoz Rodríguez Villarino, requiriu verbalmente á Subdelegación do Goberno para que informase sobre a legalidade das axudas, aprobadas por este goberno provincial, a pequenas empresas de municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia (91, todos menos a capital) e aos traballadores autónomos afectados pola crise sanitaria

Baltar expresa: Lamentamos profundamente que a súa expresión todos unidos, que comparto, para superar esta difícil situación, atope indignas excepcións como a que todo Ourense coñece, pondo en risco a devolución dunhas axudas tan necesarias pois, en gran parte, xa foron transferidas ás contas bancarias dos seus beneficiarios, e engade: Son innumerables as entidades locais en España tanto concellos como gobernos provinciais-, de todos os signos políticos, que aprobaron axudas a autónomos e empresas, verdadeiros protagonistas da reactivación económica que temos a obrigación de impulsar.

Que só se cuestione a súa legalidade por parte da Subdelegación do Goberno en Ourense fala moito e claro da utilización partidista da administración periférica do Estado na nosa provincia, pois as probas indican que o seu actual titular obedece ordes (requirimentos verbais) do seu superior xerárquico na organización política na que milita. De aí, nosa razoada denuncia sobre a súa actitude sectaria, ademais da probada falta de transparencia e ocultación de documentos, que hoxe lle elevo, tras habelo xa posto en coñecemento do delegado do Goberno e da ministra de Política Territorial e Función Pública

Baltar considera que estas incomprensibles accións provocan que a corporación provincial, e a gran maioría dos gobernos locais da provincia, aproben mocións solicitando que deixe de exercer os cargos públicos que actualmente ostenta quen entorpece, denuncia e obstaculiza o apoio directo dunha administración pública a miles de ourensáns que necesitan axudas e non trabas , e conclúe a súa carta sinalando que a lealdade institucional que debe presidir as relacións entre administracións determina que coñeza estes comportamentos, acreditados por documentación oficial, na confianza de superalos para encarar a reconstrución económica e social do noso país .

Coa carta que remite ao presidente Sánchez, Manuel Baltar adxunta a documentación oficial da Subdelegación de Goberno de Ourense onde acredita que foi o representante do PSOE na Deputación de Ourense quen solicitou revisar a legalidade das axudas.