O Carballiño segue ca tendencia á alza, subindo hoxe ós nove casos activos

A comarca do Carballiño conta hoxe con 11 (+2) contaxiados. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, suma hoxe dous contaxios, para un total de nove casos activos. E Boborás conta hoxe con dous casos activos. Ribadavia, Leiro e Avión contan cun caso activo cada un.

A comunidade galega rexistra hoxe 56 contaxios, un ritmo de novos positivos que se incrementa. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 505, 24 máis ca onte. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid presenta un equilibrio. Do total de pacientes positivos en Galicia, 3 (-1)  están en UCI e 22 (-5) en unidades de hospitalización.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 20 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 86 casos activos, quince máis nesta xornada. Os hospitais hoxe presentan 6 (=)  persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 0 (=)  na UCI.