A Deputación colaborará coa Fundación Laboral da Construción para o transporte do alumnado ao centro de formación de Vilamarín

Ás -12.00 horas: Xornada sobre a situación do sector da construción en Ourense.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, asiste á xornada de traballo sobre o sector da construción na provincia de Ourense, tamén asisiten Diego Vázquez Reino (Presidente do Consello Territorial de Galicia Fundación Laboral da Construción), Alejandra Gesto Montes (VicePresidenta do Consello Territorial de Galicia Fundación Laboral da Construción), Javier Carreiro Vázquez (VicePresidente do Consello Territorial de Galicia Fundación Laboral da Construción), Santiago Ferreiro Pérez (Presitente AA Provincial de Empresarios da Construción de Ourense - ACO), Julio Gil Iglesisas (Director Xeral da Fundación Laboral da Construción) e Román Gómez Crespo (VicePresidente da AA Provincial de Empresarios da Construcción de Ourense - ACO). Lugar: Centro de Formación da Fundación Laboral da Construción. Parque Empresarial de Vilamarín (Parcela A).

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, avanzou hoxe un acordo de colaboración coa Fundación Laboral da Construción para o transporte a demanda do alumnado do centro de formación desta entidade, situado no parque empresarial de Vilamarín. Unha vía máis de cooperación “para apoiar unhas instalacións modélicas onde se ofrece toda a formación necesaria para traballar nun sector fundamental na xeración de riqueza e emprego”, dixo Manuel Baltar trala visita que realizou ao centro formativo, onde ademais participou nunha mesa de traballo sobre a situación da construción na provincia de Ourense. 

O acto foi organizado en Vilamarín pola Fundación Laboral da Construción (FLC) e contou, xunto co presidente provincial, coa presenza do presidente do Consello Territorial de Galicia da FLC, Diego Vázquez; o director xeral, Julio Gil; e o presidente da Asociación de Empresarios da Construción de Ourense (ACO), Santiago Ferreiro, entre outros representantes da fundación, empresariais e sindicais. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Manuel Baltar agradeceu a invitación para coñecer o centro de formación e “escoitar as reivindicacións do sector, que como goberno provincial esponxa que somos compartimos e reflectimos na medidas das nosas posibilidades en alianzas e convenios”. Nesta liña, explicou, a Deputación vai prestar a súa colaboración para facilitar o transporte ao parque empresarial de Vilamarín do alumnado que se está a formar no centro da Fundación Laboral da Construción. “Na actualidade existe un problema neste ámbito ao non haber posibilidades para desprazarse en transporte metropolitano desde Ourense, -dixo Manuel Baltar- e a Deputación vai atender a petición do Consello Territorial da FLC nese clima de diálogo que mantemos cun sector tan importante para a provincia  e que imos seguir desenrolando nos próximos tempos”. 

A formación, unha prioridade fundamental para a Deputación de Ourense 

Ás -12.00 horas: Xornada sobre a situación do sector da construción en Ourense.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, asiste á xornada de traballo sobre o sector da construción na provincia de Ourense, tamén asisiten Diego Vázquez Reino (Presidente do Consello Territorial de Galicia Fundación Laboral da Construción), Alejandra Gesto Montes (VicePresidenta do Consello Territorial de Galicia Fundación Laboral da Construción), Javier Carreiro Vázquez (VicePresidente do Consello Territorial de Galicia Fundación Laboral da Construción), Santiago Ferreiro Pérez (Presitente AA Provincial de Empresarios da Construción de Ourense – ACO), Julio Gil Iglesisas (Director Xeral da Fundación Laboral da Construción) e Román Gómez Crespo (VicePresidente da AA Provincial de Empresarios da Construcción de Ourense – ACO). Lugar: Centro de Formación da Fundación Laboral da Construción. Parque Empresarial de Vilamarín (Parcela A).

A cualificación de traballadores, destacou o presidente provincial, é fundamental para un sector necesitado de profesionais, “por iso a nosa disposición absoluta a participar en calquera tipo de acordo vencellado á formación, como fixemos apostando por traer a Ourense o Centro Galego de Innovación da FP, que abrirá as súas portas en breve, nunha andaina de sinerxías na cooperación con outras administracións públicas e entidades privadas”. 

Para Manuel Baltar , a formación de novos profesionais é fundamental “nun momento no que estamos a comprobar a recuperación do emprego con datos semellantes a 2011, trala crise financeira, como así reflicte o Observatorio Económico Ourensán”. Unha  ferramenta creada fai dez anos pola Deputación de Ourense, “para analizar todas as variables socioeconómicas de cada un dos concellos e comarcas da provincia a calquera nivel, de xeito actualizado e facer proxeccións que nos axuden a tomar a decisións”. Manuel Baltar, en referencia a eses dez anos do observatorio, repasou a grandes liñas o decenio cumprido como presidente da institución provincial, con iniciativas, proxectos e realidades “que son como as pezas dun quebracabezas onde o asociacionismo ten o seu peso no sector da construción”.