As sobreviventes de cancro de mama teñen máis medo ao cancro dun familiar que á súa propia recaída

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
  • 2 de cada tres sobreviventes teñen medo á recaída, pero 3 de cada 4 recoñecen ter medo a que alguén da súa familia poida ter cancro, segundo os resultados do estudo ‘Necesidades e calidade de vida en sobreviventes de cancro de mama’, realizado polo Observatorio do Cancro.
  • Das sobreviventes de mama que se atopaban en activo, case o 70% considera que o cancro de mama supuxo un parón na súa traxectoria profesional; e de todas as enquisadas un terzo tivo problemas económicos debidos á enfermidade
  • Ata o 50% das mulleres sobreviventes ao cancro de mama refire sufrir deterioración cognitiva, fatiga e dor habitualmente, o que lles impide retomar a súa vida con normalidade, e case un 53% refire problemas de sexualidade.
  • Grazas á mobilización da sociedade e aos esforzos realizados en investigación, prevención e detección precoz, o cancro de mama ten na actualidade unha taxa de supervivencia neta a 5 anos do 85,5%, sendo un dos tumores con maior supervivencia na actualidade.
  • A Asociación en Ourense montou mesas informativas e venda de merchandising, organizaron o partido benéfico, colaboraron na entrega de “almofadas solidarias”, o torneo solidario de mus, varias colaboracións con colectivos, empresas, entidades…

Ourense, 19 de octubre de 2024.- As mulleres que sobreviven ao cancro de mama teñen máis medo a que un familiar teña cancro que á súa propia recaída, segundo o estudo ‘Necesidades e calidade de vida en sobreviventes de cancro de mama’, realizado polo Observatorio do Cancro e presentado pola Asociación Española contra o Cancro, no marco do Día Mundial contra o Cancro de Mama, que se celebra cada 19 de outubro.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

En concreto, 3 de cada 4 mulleres enquisadas -o 73%- recoñecen ter medo a que alguén da súa familia poida ter cancro, mentres que un 67% afirma sentir medo á recaída, segundo a investigación, que cuantificou necesidades económicas, laborais, psicolóxicas e físicas.

A Asociación Española contra o Cancro volveu a reivindicar o valor do rosa, baixo o marco de #Elrosaesmásqueuncolor, coa campaña deste ano: “O rosa é só rosa, pero contigo é apoio e investigación”. O cancro de mama é o tumor máis máis frecuente na muller en todo o mundo. En España, segundo o Observatorio do Cancro da Asociación Española Contra o Cancro, 35.312 mulleres foron diagnosticadas de cancro de mama no ano 2023.

A Asociación en Ourense sae á rúa polo Día Mundial

Esta semana leváronse a cabo unha serie de actividades e colaboracións na provincia de Ourense.

As mesas informativas da campaña e a venda de merchandising foron posicionadas en Ourense, no CHUO, no partido benéfico, en Hospital e a Praza do Concello no Barco, A Rúa, Ribadavia, Celanova, Cenlle e Carballiño. O luns 21 de outubro será na Praza de Petín e o mércores 23 estarán presentes en Hospital e Praza García Barbón de Verín.

A maiores, na rúa do Paseo e os 3 hospitais da provincia colocaron murais colaborativos para que as persoas que o desexen poidan completar o slogan da campaña “O rosa é máis que unha cor, pero contigo…” como mensaxe de apoio para os pacientes oncolóxicos.

O partido Benéfico contra o Cancro de Mama foi disputado entre a Escola Feminina Rosalía e un grupo de Mulleres de Ourense no Campo Municipal de Oira. O transcendental é a visibilidade de que o rosa é moito máis que unha cor, é apoio e é investigación, o resultado o de menos.

Levouse a cabo, como o ano pasado, a entrega das “Almofadas solidarias” no espazo Ágora do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Esta iniciativa axuda ás pacientes para aliviar a dor postoperatoria e permítelles conectar con outras mulleres, transmitíndolles con este obsequio que non están soas e que, aínda que non as coñezan, hai outras mulleres que pensan nas súas necesidades. A acción foi posible grazas ás voluntarias de Afundación que confeccionaron e entregaron as almofadas a pacientes oncolóxicos do SERGAS e a beneficiarios da Asociación.

No día de hoxe, a cafetería Apéteceme do CHUO, os servizos de atención ao paciente, humanización e oncoloxía da área sanitaria de Ourense, e a asociación cultural museiros de Ourense organizaron o Torneo Solidario de Mus destinado a traballadores da área sanitaria e calquera persoa sensible coa causa solidaria, onde a recadación irá destinada á asociación.

Os Urbanos de Ourense – Avanza Grupo axudaron coa difusión de material da campaña nos seus respectivos vehículos e entre o seu persoal profesional. O Grupo Cuevas colabora coa difusión de material da campaña en todos os seus establecementos do grupo e a entrega de lazos entre os seus clientes.

O Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense realiza a colocación de cartelería nas súas farmacias colexiadas da provincia. O Sergas Ourense leva a cabo a difusión en 18 centros de atención primaria e os hospitais. Os/as placeiros/as da Praza de Abastos de Ourense realizaron a difusión e visibilidade coa unión do grupo e en cada un dos seus establecementos.

Moitos concellos da provincia únense para dar visibilidade a este día tan importante. Tamén destacan as colaboracións de Biblioteca Pública Nós de Ourense, Confederación de Empresarios de Ourense, Centro Comercial Pontevella, Centro Comerciais Abertos de Ourense, Verín, O Barco, Carballiño e Celanova, Academia Postal, Asociación de Libreiros de Ourense, Campus Universitario de Ourense, Hair Cosmetic, Megatech Industries…

O vindeiro luns, 21 de outubro, realizarase a proxección da película “O bus da vida” a beneficio da asociación ás 20:00 horas no Cinema-Teatro Laura Olmo do Barco de Valdeorras, onde a entrada terá un custo de 3 euros

Grazas á mobilización da sociedade e aos esforzos realizados en investigación, prevención e detección precoz, o cancro de mama ten na actualidade unha taxa de supervivencia neta a 5 anos do 85,5%, sendo un dos tumores con maior supervivencia na actualidade. Con todo, aínda queda moito por facer para dar resposta ás diferentes realidades das pacientes e sobreviventes de cancro de mama.

No que respecta a as necesidades de pacientes, segundo datos da Asociación Española Contra o Cancro que atendeu o ano pasado atendeu ao 51% das mulleres diagnosticadas con cancro de mama en 2023, o 64% necesitaban atención psicolóxica, o 19% do total por ansiedade e #estrés; o 42% necesitaban atención social, o 10% do total por temas relacionados con prestacións da seguridade social; e a 19% atención sanitaria, como os efectos secundarios dos tratamentos. A Asociación proporcionou a todas elas atención gratuíta en toda España poñendo ademais á súa disposición, e ao de todas as persoas con cancro e as súas familias, o único servizo de atención telefónica ininterrompido 24/7 que hai en Europa.

Por outra banda, unha das grandes conclusións do estudo ‘Necesidades e calidade de vida en sobreviventes de cancro de mama’, no que participaron un total de 1293 mulleres, é que máis dun terzo das enquisadas recoñece ter mala calidade de vida por síntomas e problemas físicos, emocionais, sociais e económicos derivados da enfermidade e os tratamentos.

3 de cada 10 tiveron problemas económicos e laborais debido ao cancro

En canto ao plano económico-laboral, preto dun terzo (29,6%) tivo problemas económicos debido ao cancro e un 24% tivo que deixar o seu traballo como consecuencia da enfermidade.

Ademais, das mulleres enquisadas en activo, o 68% considera que a enfermidade supuxo un parón na súa proxección profesional ou limitou as súas oportunidades laborais; máis da metade (53%) non sentiu o apoio necesario de xefes e compañeiros; e un 64% tiveron algún impedimento para facer o seu traballo.

Unha vez finalizado o tratamento e dada de alta médica, unha de cada catro (24%) das sobreviventes víronse obrigadas a deixar de traballar como consecuencia do cancro. O 16% das sobreviventes teñen recoñecido algún grao de discapacidade como consecuencia do cancro.

Más da metade manifestan dor, fatiga e problemas de sexualidade

Entre os principais problemas físicos polos que se preguntaron na investigación, o 46% das pacientes senten dor habitualmente e o 50,5%, fatiga. O mesmo porcentaxe (50%) recoñece ter deterioración cognitiva persistente, o que significa deterioración da memoria, capacidade de aprendizaxe, concentración, razoamento ou atención.

No referente ao malestar emocional, 2 de cada 3 (67%) afirma ter medo á recaída, e a metade das participantes afirman sentirse preocupadas pola súa imaxe corporal e aparencia física.

En canto ás relacións interpersoais, máis da metade das enquisadas (52,9%) manifestan problemas de sexualidade: o 45,6% sentiuse molesta por ser incapaz de manter relacións sexuais; o 48% sentiuse insatisfeita coa súa vida sexual e o 55,1% evitou a actividade sexual con frecuencia, moi a miúdo ou sempre, segundo os resultados do estudo

En relación con esta realidade, das 18.340 mulleres con cancro de mama atendidas pola Asociación en 2023, o 64% necesitou atención psicolóxica; o 42%, social e o 19%, sanitaria. Os profesionais da Asociación tamén responderon a necesidades relacionadas coa ansiedade ou #o #estrés, a nutrición, a xestión de prestacións da seguridade social ou os efectos secundarios dos tratamentos.

Todos os servizos que ofrece a Asociación son gratuítos e están ao dispor dos pacientes e familiares que o necesiten a través do único teléfono de atención continuada en Europa, xa que dá soporte durante as 24h do día os 365 días do ano: 900 100 036.

Investigación para lograr o 70% de supervivencia

O cancro é o problema sociosanitario máis importante do mundo. 1 de cada 2 homes e 1 de cada 3 mulleres terá cancro ao longo da súa vida. En España hai un diagnóstico de cancro cada 2 minutos e calcúlase que para o 2030 haberá máis de 330.000 casos novos.

En concreto, o cancro de mama é o tumor máis frecuente na muller en todo o mundo. En España, segundo o Observatorio do Cancro da Asociación Española Contra o Cancro, 35.312 mulleres foron diagnosticadas de cancro de mama no ano 2023. #Ante esta realidade, o obxectivo da Asociación Española contra o Cancro é alcanzar o 70% de supervivencia no 2030, no marco da iniciativa “Todos contra o cancro”.

Para iso, a investigación é crucial, xa que segue sendo fundamental para dar resposta e mellorar a calidade de vida das sobreviventes de cancro de mama. Neste sentido, a Asociación Española contra o Cancro ten destinado 22,89 millóns de euros en 92 proxectos de investigación co fin de atopar novos fármacos ou tratamentos para os pacientes, entender as causas da metástase, evitar o problema das recidivas, así como mellorar a realidade de pacientes e sobreviventes de cancro de mama.

Sobre a Asociación Española Contra o Cancro

A Asociación Española Contra o Cancro é a entidade de referencia na loita contra o cancro desde hai 70 anos. Dedica os seus esforzos para mostrar a realidade do cancro en España, detectar áreas de mellora e poñer en marcha un proceso de transformación social que permita corrixilas para obter unha abordaxe do cancro integral e multidisciplinar. No seu ADN está estar á beira das persoas polo que o seu traballo tamén se orienta a axudalas a previr o cancro; estar con elas e as súas familias durante todo o proceso de a enfermidade, se llo diagnostican; e mellorar o seu futuro co impulso á investigación oncolóxica. Neste sentido, a través da súa Fundación Científica, a Asociación aglutina a demanda social de investigación contra o cancro, financiando por concurso público programas de investigación científica oncolóxica de calidade. Hoxe en día, é a entidade social e privada que máis fondos destina a investigar o cancro: 114 millóns de euros en 603 proxectos, nos que participan máis de 1.500 investigadores. 

A Asociación integra a pacientes, familiares, persoas voluntarias e profesionais que traballan unidos para previr, sensibilizar, acompañar ás persoas afectadas e financiar proxectos de investigación oncolóxica que permitirán un mellor diagnóstico e tratamento do cancro. Estruturada en 52 Sedes Provinciais, e presente en máis de 2.000 localidades españolas, conta con máis de 34.000 persoas voluntarias, máis de 650.000 socios e case 1.200 profesionais.

Durante o 2023, a Asociación Española Contra o Cancro atendeu a máis de 212.000 persoas cos seus servizos de atención profesionalizada e acompañamento voluntario.