A comunidade galega rexistra hoxe 101 contaxios, un ritmo de novos positivos que se incrementa notablemente hoxe. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 844, máis de 60 con respecto a onte. A ocupación das camas dos hospitais presenta un equilibrio. Do total de pacientes positivos en Galicia, 12 (+2) están en UCI e 30 (+1) en unidades de hospitalización.
A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 20 contaxios novos, incrementándose, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 202 casos activos, 7 máis. Os hospitais hoxe presentan 9 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 2 (=) na UCI.