Manuel Baltar: “Imos elixir ao alcalde de Galicia e Galicia necesita a Feijóo”

MITIN DO PPdeGA NO BARCO ás 18.00 no Pazo do Castro. Interveñen a cabeza de lista da candidatura por Ourense, Marisol Díaz; o presidente do PPOU, Manuel Baltar, e o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.

NO INICIO DA CAMPAÑA ELECTOTRAL, NA COMARCA DE VALDEORRAS

  • Para o presidente dos populares ourensáns, “Feijóo merece que encaremos estas eleccións como se fosen unhas municipais, traballando sen descanso para que ninguén se quede sen a mensaxe do feito ata o de agora, de proxectos, da ambición dos populares e mesmo do prestixio nacional do noso presidente”.
  • A cabeza de lista por Ourense, Marisol Díaz, apelou ao  espírito do 2009 cando “o Goberno popular foi quen de sacarnos da crise do 2009, xestionando con sentidiño, o que repetimos en 2012 e tamén hai catro anos, e queremos que siga outro tanto máis”.
MITIN DO PP NA RÚA ÁS 17.00 –Campo do Aguillón. (No caso de choiva, o minitin trasladarase ao Centro Cultural Avenida). Interveñen o presidente do PPOU, Manuel Baltar, e o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.

O Partido Popular de Ourense inicou hoxe a campaña electoral na comarca de Valdeorras, onde nos mítines celebrados en A Rúa e O Barco o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, subliñou que o próximo día 12 de xullo “imos elixir ao alcalde de Galicia e Galicia necesita a Feijóo, o presidente que soubo xestionar como ninguén a saúde dos galegos”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para Manuel Baltar, “Feijóo merece que encaremos estas eleccións como se fosen unhas municipais, traballando sen descanso para que ninguén se quede sen a mensaxe do feito ata o de agora, de proxectos, da ambición dos populares e mesmo do prestixio nacional do noso presidente”.

O presidente do PP ourensán lembrou que Galicia foi a comunidade autónoma “onde máis e mellor se traballou durante a pandemia, cunha xestión modélica, con rigor, con lealdade, pensando só nos galegos e a favor dos que sufriron as consecuencias sanitarias, sociais e económicas”.

“Non entendo –advertiu Baltar- como neste escenario pode haber un representante político –en referencia ao portavoz socialista na Deputación de Ourense- que puxo en perigo as axudas habilitadas pola institución provincial para autónomos e pemes, manipulando as institucións do Estado”.

Os populares van pedir o apoio a un partido e a unha persoa que presenta feitos e agora un novo programa, concretou Manuel Baltar, “cunha lista en Ourense chea de experiencia en todos os ámbitos da xestión e encabezada por Marisol Díaz, a muller que ten o récord histórico de apoio electoral nunhas eleccións autonómicas a calquera formación política en calquera provincia”.

Galicia ten a única maioría absoluta nunha comunidade, “porque Feijóo elixiu Galicia e Galicia vaille elixir de novo”, concluíu.

MARISOL DÍAZ: “ESTES DÍAS SERÁN DIFERENTES, NON MENOS ILUSIONANTES, PERO CON MOITA MÁIS RESPONSABILIDADE”

A cabeza de lista por Ourense, Marisol Díaz, que comexou a xornada acompañando a Alberto Núñez Feijóo na visita que o presidente dos populares galegos realizou pola mañá a Os Peares, interveu no mitin celebrado na vila do Barco, onde subliñou que “esta non é unha campaña como as que coñecemos, porque a nosa vida mudou neste catro meses”.

Estes días serán diferentes, “non menos ilusionantes, pero con moita máis responsabilidade por parte dos populares, que comprometemos unha vez máis o noso traballo para sair adiente en momentos tan complicados como so que estamos a vivir”.

Marisol Díaz apelou ao espírito de traballo de Feijóo lembrando como o Goberno popular foi quen de sacarnos da crise do 2009, “xestionando con sentidiño a vida dos galegos e de dos valdeorreses”. En 2012, “Feijóo volveu xestionar e traballar de xeito rigoroso e responsable”, e hai catro anos e unha vez máis converteuse en presidente de todos os galegos, e queremos que siga outro tanto máis”.

Xusto agora, engadiu, “cando estabamos no bo camiñoo chegou esta pandemia, pero con Feijóo plantaremos cara e seguiremos traballando por esta comarca, sendo a súa voz no Parlamentoe na Xunta, para seguir mellorando as infraestruturas, promovendo industrias tan importantes como a lousa ou mostrando ao mundo que temos un produto de absoluta calidade como os nosos viños”.

Díaz concluíu apelando á seguridade na xornada do 12 de xullo, animando aos valdeorreses a votar “porque nos colexios electorais fíxose un enorme traballo para ese día sexa un lugar absolutamente seguro”.