O “Gaiteiro da Catedral” comeza mañá a homenaxe permanente ás vítimas do COVID-19

Entrada oeste da Catedral de Ourense pola Plaza de San Martiño.

O “Gaiteiro da Catedral”, o símbolo que desde Ourense para o mundo representa a solidariedade entre os pobos, comeza mañá a que será a primeira homenaxe permanente ás vítimas do COVID-19 e ao persoal esencial que desenvolveu a súa labor durante a pandemia do coronavirus. Ás 11.00 horas, na praza de San Martiño, na capital ourensá, terá lugar o acto protocolario, coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o bispo de Ourense, Leonardo Lemos; e Bieito Romero, líder de Luar Na Lubre, o primeiro gaiteiro que subirá á torre da catedral e que terá a honra de iniciar esta tradición que une música e solidariedade, interpretando, exactamente ás 11.30 horas, o Himno oficial da provincia de Ourense, Ourense no solpor, obra do compositor Manuel de Dios.

A partires desta data, esta iniciativa solidaria da Deputación de Ourense, o Obispado e a Catedral de San Martiño, terá lugar os 365 do ano á mesma hora (11.30), en recordo do 11 de marzo de 2020, data na que a OMS declarou a pandemia mundial do coronavirus.

AVANTAR ACTIVIDADES

Desta maneira, tras Bieito Romero, nas seguintes xornadas, gaiteiros de diferentes colectivos folclóricos, musicais e culturais, continuarán con esta homenaxe e todos recibirán despois da súa participación un pergamiño acreditativo firmado polo presidente da Deputación de Ourense, cuxo texto fai referencia ao carácter perpetuo do acto, facendo constar ademais que a provincia de Ourense rende esta homenaxe “á concordia dos pobos do mundo, o mellor sentimento que alberga a convivencia humana, lembrando a solidariedade que nos une fronte á pandemia do coronavirus COVID-19”. Os gaiteiros que participen nesta homenaxe irán ataviados coa capa que a empresa ourensá Adolfo Domínguez deseñou e confeccionou para este acto.