A feira foi a primeira con todos os postos de venda ambulante

A feira de hoxe foi a primeira con todos os postos de venda ambulante, incluido o sector téxtil e do calzado, desde a declaración da pandemia polo covid 19

Publicidade

O cen por cen dos postos de venda ambulante, incluídos os do sector textil e do calzado acudiron esta mañá á primeira feira da nova normalidade, cumprindo con todas as medidas sanitarias e de seguridade. Ata agora, a feira só contaba con postos do sector do agro e alimentación, ademáis dos postos de venda de pulpo, e esta será a primeira desde a declaración da pandemia na que veñan a totalidade dos postos habituais.

Entre estas medidas figuran que os postos estean situados a unha distancia mínima de 1,5 metros, ou ben que entre os postos colindantes haxa mamparas, toldos de lona ou de outro tipo. Por este motivo, o espazo que ocupan os postos na Avenida do Balneario apliarase.

Os postos contaron con dispensadores de hidroxel para os clientes, e os vendedores e vendedoras levarán en todo momento mascarillas e guantes.

Tamén se esixiu a todos os postos que ao remate da feira recollan a totalidade do lixo que xeren, de maneira que non quede nada nas prazas, beirarrúas ou rúas.

Para comprobar que se cumplen con todas estas medidas reforzarase a presenza da Policía Local.