O concello de Punxín tramita ca Xunta de Galicia o novo PXOM

O concello de Punxín celebrou esta mañá un pleno extraordinario solicitado polo grupo Compromiso por Galicia no concello. Entre os puntos da orde do día atópanse unha análise da xestión de goberno no que vai de mandato e a aprobación dun acordo municipal con catro iniciativas básicas nun paquete de medidas sociais e económicas para activar Punxín, como a presentación á Xunta da posta en marcha do PXOM, a declaración de zona de especial protección para os paseos do Barbantiño e a ampliación das paradas do bus urbano de Ourense a Punxín.

En canto ó PXOM, o goberno local asegura que está xa tramitado pola Xunta de Galicia e o portavoz de Compromiso por Galicia recorda que eso é posible grazas a unha petición feita polo seu grupo, e resalta a importancia para o municipio deste documento. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Eladio Fernández asegura que dende o seu grupo se fixo un repaso ó que califican de lamentable abandono do concello por parte do goberno bipartito e asegurou que seguirá facendo un control férreo da xestión, contratos, contas e adxudicación de obras, asegurando que velará porque non haxa intereses ocultos por parte do goberno.