A Asociación galega de ambulantes e autónomos felicita ao Concello do Carballiño pola súa implicación na adaptación da feira á nova normativa polo covid 19

.- Nun comunicado remitido hoxe, a AGAA expresa o seu agradecemento ao concello por implicarse na adaptación da feira á nova normativa.

Publicidade

Adxuntamos o comunicado:

Comunicación á prensa 01/07/2020

 A ASOCIACIÓN GALEGA DE AMBULANTES E AUTÓNOMOS, FELICITA Ó CONCELLO DE O CARBALLIÑO (OU) POLA SÚA IMPLICACIÓN NA ADAPTACIÓN DA FEIRA DA VILA QUE SE CELEBRA OS DÍAS 16 E ÚLTIMO DO MES 

“Estamos tremendamente agradecidos ó Concello de O CARBALLIÑO (OU) pola súa implicación para adaptar a Feira á nova normativa”.

“Grazas Concello de O Carballiño, en especial ó Alcalde e á Concelleira de Servizos públicos, que buscaron a mellor maneira para desubicar o menor número de postos posibles”.

“Ogallá todolos Concellos tiveran esta disposición de resolver o noso problema actual”.

“A nosa actividade está permitida dende o día 11 de Maio polo BOE, os Concellos teñen o deber de contribuir á reactivación económica local, da que somos un motor importante”.

Instamos ao resto dos Concellos a permitir a apertura das Feiras co 100% dos postos. “é posible, os Concellos teñen que poñer interese” “Somos moitas familias as que dependemos directamente da venda ambulante”.

“Reclamamos o dereito a traballar, non queremos vivir da caridade”. Dende a AGAA estamos a disposición de tódolos Concellos para buscar SOLUCIÓNS AO PROBLEMA