A piscina municipal de Maside, a Rañoa, abriu as súas portas con novas medidas de sanidade

A pesar das condicións climáticas adversas da xornada de hoxe, a piscina municipal de maside abriu as súas portas adaptada as novas esixencias sanitarias. O horario de apertura de luns a domingo é de 12:00 a 20:00 horas. O protocolo hixiénico-sanitario obriga a que se limite o aforo, permitindo de forma exclusiva o acceso a zona de baño ás personas que conten cun Bono/Carné persoal e intransferible. Esta identificación pode solicitarse na oficina de Servizos Sociais, de luns a venres, en horario de 08:00 a 14:30 horas.

Publicidade