O Concello do Carballiño convoca unha bolsa de emprego para a contratación dun auxiliar administrativo, un operario conductor de maquinaria e un docente para o conservatorio municipal
NO BOP de hoxe ven publicada a seguinte convocatoria
Conforme coas bases reguladoras para procesos selectivos e configuración de bolsas de emprego do Concello do Carballiño, aprobadas pola resolución da Concellería Delegada de Persoal, convócanse os postos de traballo ofertados no anexo I que se xunta a este anuncio e que en resumo son os seguintes:
N.º postos ofertados; Denominación; Duración estimada; Taxas
Bolsa emprego; Auxiliar administrativo (persoal laboral temporal e/ou funcionario interino).; Segundo necesidades; 2,74 €
Bolsa emprego; Operario/a condutor/a de maquinaria.; Segundo necesidades; 2,74 €
Bolsas emprego; Docente do conservatorio municipal especialidade de frauta traveseira, especialidade de saxofón, especialidade de guitarra.; Segundo necesidades; 2,74 €
Do mesmo xeito, e tendo en conta as mesmas bases publícase tamén o anexo II correspondente ás baremacións de méritos comúns para todos os procesos.
Os ditos anexos aprobáronse mediante resolucións da Concellería Delegada de Persoal xunto cunha redución do prazo de presentación de instancias pola urxencia dos procedementos e que será de 5 días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
A presentación de solicitudes poderá facerse no rexistro xeral do concello ou en calquera das formas establecidas no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE 02/10/2015).
As solicitudes que se presenten a través da oficina de Correos deberán entregarse nun sobre aberto para que sexan seladas e datadas polo funcionario de Correos antes de seren certificadas.
De presentarse nun rexistro distinto do rexistro xeral municipal será obrigatorio comunicarlle por fax ao concello a presentación da dita instancia así como a xustificación, de ser o caso, do pago das taxas efectuado e sempre dentro do prazo de presentación de solicitudes
No referente ás taxas e ás bonificacións relativas a estas estarase no disposto na Ordenanza reguladora da taxa por dereitos de exame do Concello do Carballiño para o ano 2020. O resto da información pode consultarse no taboleiro de anuncios e/o una páxina web municipal www.carballino.gal
Para poder ver os ANEXOS facer clic no arquivo : Bop num 150- contratacións en Carballiño
