A Xunta destaca en Ourense o valor engadido da marca artesanía de Galicia

O delegado territorial, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia,
Elena Fabeiro, visitaron esta mañá a 25 edición da Feira de Artesanía de Ourense,
que se celebra na Rúa do Paseo ata o domingo 1 de maio
— Nesta edición que participan 17 obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía
especializados no traballo do coiro, da cerámica, da xoiería, dos arranxos ¥lorais, da
bixutería, do téxtil e dos complementos de moda
Ourense, 27 de abril de 2022.- O delegado territorial en Ourense, Gabriel Alén, e a
xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá a 25
edición da Feira de Artesanía de Ourense, organizada pola Asociación de Artesáns de
Ourense, coa colaboración da Xunta. Na mostra, que se celebra ata o domingo 1 de maio,
poderase atopar o traballo de 17 obradoiros da marca Artesanía de Galicia
especializados no traballo do coiro, da cerámica, da xoiería, dos arranxos ¥lorais, da
bixutería, do téxtil e dos complementos de moda.
Durante a visita, Gabriel Alén destacou o apoio da Xunta á comercialización do produto
artesán galego, da divulgación dos nosos o¥icios artesanais e do valor engadido da
marca Artesanía de Galicia. Os obradoiros que participan nesta 25 edición da Feira de
Artesanía de Ourense son Suso Calo – Lobo Tolo (Moaña), Tu Coiro (Maceda), Amorei
(Soutomaior), Bangus (Ourense), Silvereira (Ames), Chueco (A Coruña), Mario López
(Vigo), La tienda de Geli (Cambre), Xakaranda (Marín), Noga Arts Joyería Artesanal
(Santiago de Compostela), Mestura de Kores (Vigo), Paznavas (A Coruña), Taller Viola
(Oza dos Ríos), Xabier Artesanal (Pereiro de Aguiar), Cerámica Ferreira (Vigo), Las ¥lores
de Greta (Gondomar) e Rosa Fraíz (Vilagarcía de Arousa).
A mostra está aberta na Rúa do Paseo de Ourense, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00
a 21:00 horas.